Aquí atoparás
o mellor da moda vintage
, un estilo sen normas pechadas que permite desenvolver a túa creatividade e xogar coa imaxinación, ademáis de ser unha aposta pola reutilización e reciclaxe das prendas, o que supón un xesto sostible para o medio ambiente.
Seleccionamos cada artigo persoalmente
seguindo parámetros de moda, deseño, estilos de épocas… para poder así facilitarte prendas de calidade e exclusivas. Temos unha diversa selección de prendas de tódalas décadas e para todos os gustos (selección de swing e rockabilly, estilos retro-mod, indie, romántico, victoriano, hippie...).
A maioría das nosas prendas vintage están en perfecto estado,
coidadosamente limpadas e no caso preciso, reparadas, indicándose todo na descrición de cada artigo.
Tamén dispoñemos de roupa vintage original etiquetada, totalmente nova,
que provén de restos de stocks de fábricas e tiendas en todoo mundo.
Ademáis,
dispoñemos de roupa retro (fabricación actual) de varias marcas, inspirada en prendas clásicas, para completar o teu estilo.
Esforzámonos sempre en proporcionar imaxes detalladas, descricións e medidas o máis completas posibles, sen embargo
se tes calquera dúbida, non dubides en consultarnos.
Un café? Un té? Desfruta do teu paseo por Bichovintage,
a moda vintage na súa versión 2.0!
A páxina web www.bichovintage.com está optimizada para os navegadores Mozilla Firefox, Google Chrome, Internet Explorer 9, Opera e Safari.
Versións anteriores de Internet Explorer poden non visualizala web correctamente.