Ter ao teu alcance a mellor selección de roupa vintage nunca foi tan sinxelo:
Elixes, compras, recíbelo en moi pouco tempo e, se non che convence, devólvelo sen ningún problema.
A continuación contámosche isto mesmo en termos legais.
Condicións xerais de venda
1. Aceptación das Condicións Xerais de Contratación
A utilización ou contratación dos produtos e/ou servizos ofrecidos en www.bichovintage.com supón a aceptación das seguintes condicións xerais de venda.
As compras realizadas neste sitio web quedan sometidas á normativa vixente.
2. Prezos e portes
Os prezos dos servizos ou produtos mostrados en www.bichovintage.com inclúen o 21% de IVE.
Se Vostede pertence a unha empresa ubicada nun país da Unión Europea, facilítenos o seu número de IVE e emitirémoslle unha factura exenta de este imposto.
Os gastos de envío non están incluidos no prezo dos artigos. Aparecen convintemente descritos na web e serán por conta do cliente.
3. Condicións de uso
- 3.1 Estas condicións xerais regulan o acceso e utilización do sitio web www.bichovintage.com. O acceso ao mesmo implica a súa aceptación sen reservas.
- 3.2 Autorízase a visualización, impresión e descarga parcial do contido da web sólo e exclusivamente si se realiza co exclusivo ánimo de obter a información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais ou para a súa distribución, transformación ou comunicación pública.
- 3.3 A totalidade desta páxina web (textos, fotografías, logotipos, botóns, arquivos, combinacións de cores, estrutura e presentación dos seus contidos) atópase protexida polas leis españolas e internacionais sobre propiedade Intelectual e Industrial. Queda expresamente prohibida a reproducción total ou parcial desta páxina web e de calquera dos seus contidos sen o permiso expreso e por escrito de Bichovintage.
- 3.4 Bichovintage resérvase o dereito a modificar a oferta comercial do sitio web en calquera momento e de manter o seu contido actualizado sen obrigarse a asegurar unha actualización plena.
- 3.5 Bichovintage non asume responsabilidade algunha derivada da concesión ou contidos dos enlaces de terceiros aos que se fai referencia na páxina web www.bichovintage.com, excluindo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao usuario.
4. Obligacións do Usuario e/ou Cliente
- 4.1 O usuario e/ou cliente de www.bichovintage.com comprométese en todo momento a facilitar información veraz sobre os datos solicitados nos diferentes formularios e/ou solicitudes de información ou compra.
- 4.2 No suposto da venta ou comercialización de produtos do noso sitio web que requiran que o comprador teña unha determinada idade segundo a lexislación vixente do seu país de orixe, o comprador manifesta que cumple dito requisito para formalizar a compra.
5. Descripción dos produtos e servizos
- 5.1. Os artigos expostos en www.bichovintage.com estarán dispoñibles para a súa venta ata fin de existencias.
- 5.2 As ofertas están debidamente marcadas e identificadas como tal. O seu prazo de validez ten efectividade mentras aparecen na súa pantalla. Ditas ofertas poderán ser modificadas ou canceladas sen previo aviso.
- 5.3 A responsabilidade civil de www.bichovintage.com polos produtos suministrados queda limitada ao importe dos mesmos; o usuario ou consumidor renuncia a reclamar calquera responsabilidade por calquera outro concepto no caso de insatisfacción dos produtos adquiridos nesta páxina web.
6. Modificación das Condicións Xerais
Bichovintage poderá modificar as Condicións Xerais no momento que o estime oportuno.
7. Lexislación aplicable e Xurisdicción competente
As presentes Condicións Xerais rexiranse e interpretarán de acordo coas Leis de España. Calquera litixio relativo á interpretación ou execución destas condicións xerais de venta serán competencia exclusiva dos Tribunais da provincia de A Coruña (España).
Formas de pago
En Bichovintage ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de elexir entre varias formas de pago diferentes:
Tarxeta de crédito:
Se elixe esta forma de pago entrará na páxina web segura da nosa entidade financieira, onde se lle solicitará o número da súa tarxeta e a data de caducidade.
Para a súa tranquilidade, o noso banco garantizalle unha absoluta seguridade, xa que tanto os seus datos persoais como os da súa tarxeta viaxan encriptados grazas ao servidor seguro SSL proporcionado por esta entidade financieira.
Os datos sobre a súa tarxeta de crédito non quedan rexistrados en ningunha base de datos senón que van directamente ao TPV (Terminal Punto de Venta) do Banco.
Así mesmo, en ningún momento Bichovintage recibe os datos da súa tarxeta, soamente a confirmación do seu pago.
Transferencia Bancaria:
Pode realizar un ingreso ou transferencia bancaria dende o seu propio banco á conta da nosa empresa.
Beneficiaria: María Cobas Álvarez
Nº de conta: ES87 0182 6104 1102 0157 9366
Para axilizar o envío do seu pedido debe de enviarnos o xustificante do seu ingreso por E-Mail a info@bichovintage.com.
É imprescindible que indique o número do seu pedido ao realizar a transferencia para así poder identificar o seu pago.
Para transferencias dende fóra de España necesitará os seguintes datos:
SWIFT (ou BIC): BBVAESMM
IBAN (International Bank Account Number): ES87 0182 6104 1102 0157 9366
*Os artigos quedarán reservados durante 15 (quince) días naturais dende o momento de realizar o pedido, en caso de non recibir a transferencia, considerarase o pedido como cancelado.
Pago mediente sistema Paypal:
Pola súa seguridade e rapidez, este sistema mundialmente conocido é un dos máis utilizados hoxe en día na venta por Internet. Para poder aboar a súas compras por medio deste sistema debe de dispor dunha conta Paypal. Para máis información visite www.paypal.es
Condicións de envío
Bichovintage reservase o dereito de enviar os pedidos polo medio de transporte máis adecuado en cada momento segundo o seu criterio.
Portes:
Os gastos de envío non están incluidos e serán por conta do cliente. Estes gastos son os indicados na web e aparecerán debidamente detallados.
Os portes son calculados automáticamente segundo destino e peso:
España, Portugal (Peninsular), Xibraltar e Andorra (Pedidos iguais ou superiores a 50€): Envío gratuito
España, Portugal (Peninsular), Xibraltar e Andorra (Pedidos inferiores a 50€): 5,95€
Resto de Europa: dende 10€ (segundo peso e destino)
Resto:
Consultar Ofrecemos a posibilidade de recollida en man en Santiago de Compostela sen ningún tipo de custo. Os pedidos que se acollan a esta modalidade déixanse no lugar de entrega unha vez por semana. O cliente será avisado tan pronto poida pasar a recollelo. O lugar de entrega é o Taller de costura Cepeda, situado na Rúa das Ameas, 7 (Mercado de Abastos).
Prazos de entrega:
Salvo fin de existencias, os pedidos serán enviados inmediatamente e vostede disporá do produto nos seguintes prazos:
España: de 1 a 2 días hábiles
Europa: de 3 a 7 días hábiles
Resto:
Consultar Se desexa que o seu pedido sexa enviado por unha axencia de transportes concreta, por favor, notifíquenolo vía E-Mail e gustosamente atenderemos o seu caso en particular.
Os prazos de entrega indicados son a título orientativo e Bichovintage esforzarase en respetalos; non obstante, ao tratarse dun servizo ofrecido por terceiros, a súa demora non implica a anulación do pedido nin indemnización algunha.
Devolucións
Os produtos comercializados na páxina web www.bichovintage.com conceden o dereito de devolución nos dez (10) días seguintes á recepción do pedido, sempre e cando éstos se atopen no mesmo estado e coas etiquetas postas; pasado este prazo non poderemos admitir devolucións.
Para iniciar este proceso, bastará con porse en contacto con nós a través de info@bichovintage.com.
*Os pedidos realizados entre o 1 de decembro e o 6 de xaneiro do seguinte ano (periodo de Nadal), terán dereito a devolución ata o 20 de xaneiro.
España (Península), Portugal (Península), Xibraltar e Andorra: Recollida do producto sen coste adicional para o comprador.
Resto: O comprador farase cargo dos portes de envío do producto ata os nosos almacéns.
No caso de que no se abonaran gastos de envío no pedido por superar a cantidade mínima para elo, e que, tras a devolución total ou parcial, o pedido resultante nos supere esa cantidade mínima, restaránselle ao importe devolto os gastos do primeiro envío.
Unha vez recibido o material no noso almacén e revisado polo noso persoal, realizarase o abono se procede a través do mesmo método de pago no que se realizase a compra.