Debido ás diferentes épocas, fabricantes e orixe de cada prenda vintage, o talle indicado na súa etiqueta pode non corresponder aos talles de hoxe en día. Por iso, nas características de cada prenda vintage, amosamos un talle aproximado aos criterios actuais. Ao tratarse dunha información aproximada, aconsellamos comprobar sempre as medidas de cada prenda.
Os talles estimados por Bichovintage básanse nas seguintes equivalencias:
USA | EU | UK |
XS | 32-34 | 4-6 |
S | 36 | 8 |
M | 38-40 | 10-12 |
L | 42-44 | 14-16 |
XL | 46 | 18 |
Para tomar as medidas que amosamos de cada prenda colocamos a prenda estendida sobre unha superficie horizontal e lisa.
É importante ter en conta que as medidas son sempre maiores ás do corpo, para permitir o movemento, agás no caso de prendas de punto ou elásticas, que pola súa adaptabilidade, sí poden coincidir coas do corpo.
O aconsellable é comparar esas medidas coas dunha prenda vosa similar que vos sente ben, tendo en conta o tipo de prenda e o estilo da que queredes mercar.
- OMBREIROS: Medimos entre as costuras de cada ombreiro. No caso de que a prenda non teña costuras nos ombreiros entendemos que se axusta a calquera ancho e non se especificará medida.
- PEITO: Esta medida tomámola medindo a prenda dun lado ao outro á altura da sisa.
- BRAZO: Dende a sisa ata o puño, coa manga estendida.
- CINTURA: Medimos a prenda á altura da cintura. Se se trata de prendas con elástico na cintura sinalamos a medida sen estirar (o elástico estirado axústase normalmente a calquera ancho de cintura)
- CADEIRA: Medimos a unha altura aproximada de 20 cms por debaixo da cintura. Se non se especifica a medida, é que o estilo da prenda permite calquera ancho de cadeira.
- PERNA: Esta medida tomámola medindo dende a entreperna ata o remate do pantalón, xeralmente á altura do nocello.
- LONGO: Corresponde á medida que hai dende a parte máis alta da prenda ata a máis baixa. Normalmente, esta medida tomámola pola parte traseira da prenda.
- PERÍMETRO (GORROS E BOINAS): Esta medida corresponde ao perímetro do burato para a cabeza (talle). En ocasións indícanse dúas medidas, unha máxima e outra mínima.
- ANCHO (BOLSOS): Co bolso estirado, medimos o ancho.
- ALTO (BOLSOS): Co bolso estirado, medimos dende a parte máis alta ata a máis baixa, sen incluir a asa.
- CINTOS: Tomamos a medida do cinto desde o extremo da fibela ata o buraco máis afastado. Esta sería a medida máxima. Non indicamos a medida mínima sempre que sexa posible facer máis buracos, así poderás axustalo á túa medida exacta.