Vestido vintage orixinal dos anos 70 estilo Neo-Vitoriano feito en Alemaña. Estampado caxemira con cores vibrantes.. Colo e torso abotonados e entallados, colo alto tipo mao, que se pecha mediante unha peiteira abotonada con botóns esmaltados en vermello e dourado. Mangas abullonadas de estilo romántico. O corte do torso é moi entallado, cinguindo a cintura antes de soltar o voo.. A saia flúe desde a cintura nunha liña A perfecta gañando volume cara ao baixo. O toque final apórtao un gran volante fruncido no baixo, que engade peso, movemento e ese aire folk tan característico dos 70. Inclúe unha cremalleira lateral invisible para un axuste perfecto.
| Marca: | Fink Modell |
| Material: | 100% Poliéster |
| Talle: | S (Talle aproximado. Consulta as medidas.) |
| Estado: | A+ (10/10)Vintage en excelentes condicións |
Vintage: Prendas vintage únicas, orixináis de cada época. Toda a nosa roupa vintage é da mellor calidade, está lavada, pasada polo ferro e en perfecto estado.
Medidas |
| Ombreiros: | 38 cm |
| Peito: | 44 cm |
| Cintura: | 34 cm |
| Cadeira: | 55 cm |
| Longo: | 118 cm |
- ¿Prenda axustada á modelo? Non.
- Modelo: Lupita. Como referencia o talle da modelo é unha S e a súa altura 1,72m.
- Recomendamoste que lle botes unha ollada á nosa Guía de talles e medidas